ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / ADEGA, unha das entidades ambientalistas que...

29-06-2019

ADEGA, unha das entidades ambientalistas que participa no Proxecto ´Eu quero Carballo´

O Concello de Carballo bota a andar o proxecto “Eu quero Razo - Baldaio” que pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Razo-Baldaio.

O Concello e as entidades colaboradoras neste proxecto buscan a valorización do contorno co obxectivo de que canto mais se coñeza mais se respecte. Ademais das accións propostas estas entidades desde o propio Concello tamén se propoñen outras actividades co mesmo obxectivo e que se indican no programa do proxecto.

ADEGA, Hábitat e Senda Nova son as tres entidades que  desenvolverán as accións relacionadas coa sustentabilidade da costa.

Os mércores e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro, as tres entidades realizarán un programa de actividades que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.carballo.org/euqueroRB/presentacion.php?idioma=gl

Programa de actividades

ADEGA vai desenvolver un programa de actividades na liña do traballo que xa estaba a desenvolver na zona e na costa galega, nomeadamente na Costa da Morte.

Realizaremos 2 xornadas de mañá de eliminación de invasoras, dando continuidade á xornada realizada en febreiro deste ano. Tamén se realizarán 2 limpezas de praias facendo especial fincapé no tema dos plásticos e, en colaboración co Dpto de Botánica da Facultade de Farmacia, traballarase na creación de tres microrreservas de flora na costa de Razo-Baldaio. Esta actuación pretende dar continuidade á Rede de Microrreservas de Flora na Costa da Morte, que xa se iniciou no concello de Fisterra coa creación de cinco microrreservas. Para esta actividade se realizarán dous "bioblitz" de flora así como dúas actacións de creación das microrreservas coa instalación os paneis e adecuación destas.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal