ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o...

22-03-2016

ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o convenio do Proxecto Ríos

A presidenta de ADEGA e Coordinadora do proxecto, Virginia Rodríguez, asinou o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos, coa Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.
Na actualidade, o Proxecto Ríos conta con 322 grupos de voluntarios/as que supoñen a participación de máis de 3.500 persoas no estudo e conservación dos ríos. Este convenio permitirá desenvolver actividades de capacitación do voluntariado fundamentais para acadar unha participación activa da cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Son 12 anos xa de traballo continuo, ao longo de tres lexislaturas e con governos de moi distinta cor política, o que avala o valor e o interese deste proxecto colectivo de custodia fluvial, que pretende unir ríos e persoas.

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal