ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA e "Lugo de Cara ao Miño" piden a retirada...

14-03-2016

ADEGA e "Lugo de Cara ao Miño" piden a retirada do dique do Miño no Día mundial dos Ríos

Hoxe, 14 de marzo, Día Mundial de Acción na defensa dos Ríos, a plataforma “Lugo de cara o Miño”, da que forma parte ADEGA, concentrouse a carón do dique da fábrica da luz de Lugo construído no leito do río Miño, a prol de liberar este efluente emblemático de obstáculos que enturbien o seu curso e que afecten aos seus valores naturais e patrimoniais.

ADEGA e a plataforma pedimos á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que ordene retirar este dique que consideramos ilegal por non estar contemplado no proxecto da minicentral da fábrica da luz, nin tampouco na declaración de impacto ambiental. Este muro de pedras grandes e terra que obstaculiza o curso do río desde o mes de novembro do pasado ano está a poñer en perigo a biodiversidade e as condicións ecolóxicas deste espazo natural protexido como Rede Natura e ZEPVN (Zona de Especial Protección polos Valores Naturais). De perpetuarse por máis tempo, a súa presenza no leito fluvial podería favorecer a erosión das marxes do río e a destrución do Caneiro da luz, alén das afeccións que poida exercer sobre as especies protexidas.

Durante o acto de concentración, deuse lectura a un MANIFESTO asinado por todos os colectivos e particulares veciños de Lugo e membros de "Lugo de cara ao Miño".

Ligazóns

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal