Inicio / Novas / ADEGA Nacional / No Día da Terra, un programa pola Terra: para uns...
22-04-2015
O vindeiro 24 de maio celebraranse eleccións municipais en Galiza. Coa presentación deste documento as organizacións ecoloxistas máis representativas do ámbito galego, queremos salientar a importancia crucial dos concellos á hora de realizar actuacións tendentes a acadar un modelo ecoloxicamente sustentable no noso país.
Debido á enorme magnitude da crise ambiental global, causada por un modelo social inxusto que explota de xeito ilimitado o noso planeta finito (os seus recursos materiais e as súas formas de vida), perceptible, entre outros moitos factores, no cambio climático da Terra e na perda a pasos de xigante de biodiversidade, consideramos preciso e urxente un cambio profundo nas políticas desenvolvidas polas Administracións Municipais: ben por posuír un alto grao de implicación na xestión medioambiental a nivel local, ben pola súa estreita relación e proximidade coa cidadanía.
Estas eleccións supoñen unha grande oportunidade para que todos os partidos se comprometan a que os Concellos muden as súas insustentábeis políticas na súa contorna de actuación, reflexionando arredor dos efectos que sobre o global teñen tamén as súas accións no ámbito local.
Para iso, as organizacións ecoloxistas asinantes achegamos este “Programa pola Terra”, cunha serie de propostas concretas, factibles e realistas destinadas a ser aplicadas en calquera municipio e permitir a transformación das nosas sociedades.
Este documento contén dez propostas, que permitirían a transformación que a actual crise ambiental require. Están baseadas en catro principios básicos:
- O actual modelo económico e social é inxusto e insustentábel.
- É necesario un compromiso de cambio de dimensións estratéxicas.
- Participación e transparencia non poden quedarse só en verbas.
- Cumprimento da lexislación ambiental.
1. Integrar enerxía, mobilidade e contaminación
2. Protexer os espazos naturais, a flora e a fauna
3. Implantar unha nova cultura da auga
4. Aplicar unha política de ordenación do territorio que limite drasticamente o crecemento urbanístico e defenda a costa
5. Apostar pola redución, a reciclaxe e a compostaxe dos residuos sólidos urbanos
6. Defender a soberanía alimentar e apoiar ao sector primario para manter un mundo rural e mariñeiro vivos
7. Recoñecer a importancia dos coidados básicos para a vida, o papel das mulleres neles e facilitar novos esquemas de xénero ao respecto
8. Avanzar na participación cidadá cara unha democracia participativa real
9. Facer unha reforma verde do sistema fiscal local e impulsar unha contratación pública verde
10. Afortalar a cooperación internacional para o desenvolvemento sustentábel
Para máis información:
ADEGA: Fins Eirexas (981570099; 661993406)
Amigos da Terra: Victor Barro (988374318; 671865839)
APDR: Xulio Carmona (986847670)
CEMMA: Alfredo López (686989008)
FEG: Mónica Arto (691527277); Anxo Saborido (666893879)
Verdegaia: Iñaki Varela (622033665)
www.adega.gal
www.amigosdaterra.net
www.apdr.info
www.cemma.org
www.federacionecoloxista.org
www.verdegaia.org
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal