ADEGA

Inicio / Buscador / ADEGA xa recolleu 3 toneladas de roupa para...

15-05-2014

ADEGA xa recolleu 3 toneladas de roupa para reciclar

Pila de roupa recollida nas instalacións de ADEGA-Lugo

Hai un ano que ADEGA se uniu á rede de recollida de roupa usada de Equus Zebra. Durante este período, as nosas instalacións de Compostela e Lugo acolleron preto de 3 toneladas de roupa e calzado destinadas á reutilización e á reciclaxe téxtil. A través deste labor de recollida, Equus Zebra logra crear uns 16 postos de traballo para a poboación en risco de exclusión social.

Se ti, como ADEGA, tamén queres contribuír a esta causa social, a través da doazón das prendas que xa non uses e axudando a aproveitar como recursos os nosos residuos, achégate aos puntos de recollida de ADEGA, nos locais que ten esta asociación en Compostela e Lugo:

En Compostela
(Travesa de Basquiños, 9 Baixo)
De Luns a venres: 10h a 14h Martes e xoves: 18h a 19h
Email: adegacompostela@adega.gal

En Lugo (Ronda das Fontiñas, 180 – entrechán)
Luns: 10 a 14h
Email: adegalugo@adega.gal


O destino da roupa recollida

Unha vez feita a recollida de roupa e calzado (en contedores, puntos de recolla ou domicilio) é transportada a unha planta da Coruña onde a ONG Equus Zebra hixieniza e selecciona os artigos, dependendo da súa calidade e estado de conservación. Aquela roupa ou calzado que está en moi bo estado véndese a prezo simbólico nunha rede de tendas solidarias; se está en bo estado, dáselle a persoas en risco de exclusión ou con necesidades económicas; e a roupa desgastada e en peor estado destínase a empresas que reciclan este tipo de materiais para novos usos.

Por tanto, tanto ADEGA como Equus Zebra recollemos todo tipo de roupa e calzado, independentemente do seu estado de conservación.

Ligazóns

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal