ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / O Concello da Coruña e a Plataforma pola...

23-02-2024

O Concello da Coruña e a Plataforma pola reciclaxe: “Nostián con Futuro” continúa a ter xuntanzas entorno á planta de Nostián

As xuntanzas entre a Concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz e a Plataforma pola reciclaxe: “Nostián con Futuro” están a ser fructíferas e teñense acadado diversos acordos.

Dende que o Concello da Coruña anunciou que implantaría un quinto contedor de residuos, diversas organizacións veciñais, ecoloxistas e sindicais organizáronse para opoñerse a este anuncio. Estes colectivos, que conforman a Plataforma pola Reciclaxe: “Nostián con Futuro”, están a reunirse dende Novembro do 2023 para defender un modelo máis ecolóxico na xestión de resíduos. Dende o principio, unha das principais demandas, foi a de esixir unha maior transparencia das xestións administrativas. Por esa razón, este colectivo ten solicitado diversas xuntanzas coa Concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz.

Nestas reunións, o colectivo social e a concelleira están a falar fluidamente de moitos aspectos, tanto do estado da planta de Nostián como do novo plan de xestión de resíduos que está a preparar o Concello, a implantación do 5º contenedor, etc. Ao respecto desta última cuestión, que foi a que activou a este colectivo, aínda que a concelleira se ten manifestado sempre favorable a implantación do 5º contedor de resíduos, trasmitiulle á plataforma a súa intención de non aumentar o número de contedores que hai nas rúas da cidade.

Ademáis, a concellaría manifestouse moi favorable a que as asociacións veciñais e ecoloxístas participasen na elaboración do plan de xestión de resíduos e neste sentido comprometouse a trasladar o borrador deste plan á Plataforma pola reciclaxe en canto esté elaborado. Tamén se constatou nestas xuntanzas o estado de deterioro da planta de Nostián que precisa urxentemente unha inversión económica.

Xornadas sobre resíduos e recollida de sinaturas.

Dentro das varias actividades que está a desenvolver a Plataforma pola reciclaxe: “Nostián con futuro”, neste momento están a recoller sinaturas para que non se implante o 5º contenedor e por un modelo máis ecolóxico de xestión de residuos. Esta campaña de recollida de sinaturas avanza positivamente e está prevista a entrega dun número elevado de sinaturas proximamente.

Ademáis a Plataforma está a organizar unhas xornadas sobre resíduos na cidade que se celebrarán o vindeiro 19 e 21 marzo en AFUNDACIÓN. Nestas xornadas falarase sobre o modelo da planta de Nostián e como avanzar na mellora do mesmo.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal