ADEGA

Inicio / Proxectos / Fogares verdes

Fogares verdes

O Programa Fogares Verdes pretende aproveitar a experiencia e os coñecementos acadados polos cidadáns participantes nos programas de compostaxe caseira para crear unha rede de fogares ecolóxicos que poidan ampliar ou seu compromiso ambiental.

O novo proxecto de acompañamento de familias e fogares da continuidade a metodoloxía do programa de compostaxe caseira mediante visitas ás vivendas e explicación asequíbel aos veciños/as participantes. Desta volta os contidos elexidos serán a enerxía e a auga, dous recursos que están a mostrar un preocupante aumento no seu consumo en todos os fogares. Durante un ano analísanse os hábitos e as cantidades consumidas e aplicarase un programa individualizado de aforro e xestión.

¿Que é Fogares verdes?

¿Que é Fogares verdes?

Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios, que ten como finalidade a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá. Plantéxase como un programa de participación ambiental que pretende incorporar accións sinxelas e mudar hábitos para poder reducir o consumo de recursos no fogar.

Sabemos que cun pequeno esforzo e sen reducir o benestar e calidade de vida pódese acadar unha merma na facturación do fogar e o que é máis importante a conservación dun patrimonio común como son os recursos naturais.

¿Como se vai facer?

¿Como se vai facer?

Fogares verdes plantéxase como un programa de acompañamento no fogar. Educadores/as ambientais de ADEGA realizan un seguemento mediante visitas trimestrais nas que se fai unha diagnose inicial, asesoramento e confirmación de metas acadadas.

Ademais das visitas, cada fogar contará en todo momento con atención personalizada a través de teléfono e correo electrónico no que consultar calquera dúbida. Entrégase tamén material con información de axuda e un pequeno equipo de aforro.

¿Quen o vai desenvolver?

 A equipa de educadores ambientais de ADEGA será a encargada de facer as visitas e o seguemento dos fogares participantes. Préstase tamén atención personalizada a través de teléfono e correo electrónico para consultar calquera dúbida que se plantexe. Os/as educadores/as facilitan información sobre aspectos básicos referidos a prácticas de consumo e aforro.

¿A quen vai dirixido?

¿A quen vai dirixido?

As veciñas e os veciños serán os verdadeiros protagonistas da acción educativa. Fogares verdes vai dirixido a todos aqueles fogares interesados en participar, independentemente do tipo de vivenda ou do número de moradores.

Terán prioridade aqueles fogares adscritos ao programa de compostaxe caseira. Apóstase deste xeito pola creación dunha rede de fogares ecolóxicos que poidan ampliar o seu compromiso ambiental.

Dos/as participantes agárdase un compromiso de continuidade o longo do desenvolvemento do programa, facilitar datos de facturación de auga e luz (estes serán tratados confidencialmente). Esperamos que o programa aporte aos participantes un alto grao de confortamento polo feito de estar axundo a mudar o planeta!!


Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal