ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque /

Almanaque

Formulario de busca
Do 06-02-2020 ao 12-03-2020

Participa no certame de fotografía Desenfoque Climático

ADEGA colabora co CPR O Raio Verde no certame "Desenfoque climático", unha exposición que busca concienciar á sociedade sobre o quecemento global aunando arte e xuventude. A mostra estará na sede da SGAE do 5 ao 12 de marzo. Participa no certame!

+info

Praia e lagoa de Baldaio 22-02-2020

Hábitat sen lixo: Lagoa e Praia de Baldaio

Participa na actividade "Hábitat sen lixo" do Grupo Naturalista Hábitat, coa que colabora ADEGA, e que consiste na retirada de residuos dos nosos espazos naturais, desta volta, na contorna da Lagoa de Baldaio (Carballo).

+info

22-02-2020

Entroido 2020 na Eira da Xoana

Será o vindeiro sábado, 22 de febreiro, no que se nomeará a Raíña Lupa de 2020. Haberá que reservar praza para o cocido.

+info

23-02-2020

Roteiro "Mádia Leva, 12 anos na historia de Lugo"

O vindeiro domingo 23 de febreiro, continuamos co programa de roteiros, esta vez da man do CS Mádia Leva, que nos amosarán os puntos máis emblemáticos de Lugo na actividade do centro social.

+info

Do 27-02-2020 ao 05-03-2020

Curso sobre Fogares Verdes na UNED de Lugo

Este curso terá un carácter práctico onde aprenderemos a reducir a nosa pegada ecolóxica. Do 27 de febreito ao 15 de marzo, online e presencial

+info

28-02-2020

Acto en Noia sobre a problemática das minas de San Fins

28 de febreiro ás 20h no edificio Multiusos (antiho matadoiro). Proxectarase o documentario San Finx 1960 e haberá un coloquio posterior

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal