Do 24-05-2022 ao 05-06-2022
A ONG Bierzo Aire Limpo está a promover un crowfounding para facer fronte e poder loitar contra a denuncia intimidatoria, claramente infundada (SLAPP) contra o colectivo, que dende hai máis de quince anos forma parte do movemento ecoloxista berciano e lidera a loita contra a incineración.
Unha práctica habitual das grandes empresas para a desmobilización é denunciar ás ecoloxistas que loitan contra as prácticas contaminantes, con efectos directos na saúde das persoas.
Nós somos moi conscientes diso, cando a empresa INCA denunciou ás nosas compañeiras que estaban defendendo o río Miño, das obras ilegais na fábrica da luz en Lugo, e que poñían en risco a especies en perigo de extinción.
Tamén é o caso de Manuel de MEL denunciado pola empresa Coren por visibilizar a grande contaminación que sofre a Limia a consecuencia das prácticas neglixentes das macrogranxas.
É por iso que o ecoloxismo debe apoiarse e facerlle fronte a casos como o que agora mesmo está a sufrir as compañeiras de Bierzo Aire Limpo cunha denuncia falsa da empresa Votoratim contra as que defenden o dereito a respirar un aire limpo, sen presencia de contaminantes canceríxenos producidos pola queima de neumáticos.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal