ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Oferta posto de traballo en ADEGA-...

Do 08-04-2022 ao 19-04-2022

Oferta posto de traballo en ADEGA- Educación ambiental

Condicións e requirimentos do posto de traballo ofertado

En ADEGA precisamos unha persoa para levar adiante actividades de educación ambiental, formación e voluntariado ligadas fundamentalmente ao ámbito da xestión dos residuos e da compostaxe doméstica e comunitaria.

Lugar de traballo:
Santiago de Compostela (sede ADEGA-Nacional). Mobilidade a diferentes concellos do país para realizar as actividades.
Flexibilidade horaria.

Tipo de contrato: media xornada.

Duración do contrato: 6 meses.

Data límite para presentar CV: martes, 19 de abril ás 14:00 horas.

Requirimentos

Buscamos unha persoa comprometida coa defensa ambiental e con diversas destrezas e experiencia para desenvolver as seguintes tarefas: 

  • Exercer a docencia en iniciativas de formación ambiental.
  • Seguimento de programas de compostaxe caseira e comunitaria.
  • Dinamización de grupos no eido ambiental.
  • Deseño e contidos de materiais de educación ambiental (trípticos, unidades didácticas, manuais, presentacións, etc.).
  • Elaboración de contidos para redes sociais.

Valorarase que a persoa candidata teña coñecementos e experiencia en diversos ámbitos de educación ambiental, especialmente no desenvolvemento de programas de compostaxe e en formación ambiental, pero tamén na organización, deseño e coordinación doutros programas.
  • Terán preferencia no proceso de selección de persoal as socias/os de ADEGA.
  • O idioma vehicular de ADEGA é o galego.
  • Preferiblemente, con permiso de conducir e disposición de automóbil.

Como candidatarte

A presentación de currículos poderase facer enviando un correo electrónico a compostaxe@adega.gal, indicando no asunto “Convocatoria posto de traballo educación ambiental”.

A data límite para a presentación de currículos será o vindeiro martes 19 de abril ás 14:00 horas.

Tras unha primeira selección de candidaturas por méritos ou currículo, realizarase unha entrevista persoal ás aspirantes para escoller finalmente a persoa que desempeñará o posto de traballo. 

É importante que os datos de contacto das persoas candidatas sexan facilitados para poderen ser contactadas por ADEGA. 

Grazas pola vosa atención.


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal