ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Limpeza e inspección no río...

19-03-2022

Limpeza e inspección no río Rialdarca

Aínda hai prazas para esta Limpeza con formación da Biodiversidade do río de Rialadarca que realizará ADEGA e o Proxecto Ríos o sábado 19 ás 11:00h. Para inscribirse podedes facelo co whatsapp 649 683 923 ou no enderezo electrónico voluntariado@concellodemoana.org. Participará o Voluntariado miúdo do Ceip Reibón Moaña.
A actividade pretende poñer en valor a senda polo río Rialdarca que conecta a parte alta de Moaña co centro urbano. Ademais da recollida de lixo, farase un recoñecemento da flora e a fauna máis salientable da contorna.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal