ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Bioblitz complexo húmido de Traba

22-03-2022

Bioblitz complexo húmido de Traba

ADEGA ten unha nova convocatoria do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación das zonas húmidas e da flora da Costa da Morte. Trátase dunha Descuberta de Biodiversidade no Complexo Húmido de Traba, no concello de Laxe. Será o martes 22 de marzo, en horario de 10:00 a 17:30h.

Na actividade vaise levar a cabo un BioBlitz ou Descuberta de Biodiversidade, actividade de divulgación e coñecemento da fauna e a flora da contorna da zona húmida. Será unha xornada de mañá e tarde, dedicada a recoñecemento e descubrimento da biodiversidade na que se realizará un roteiro, iranse anotando e inventariando todas aquelas especies que se atopen.
O percorrido é un roteiro guiado por botánicos/as e expertos/as en especies ameazadas e persoas expertas en fauna. As visitas non afectarán a hábitats prioritarios, realizaranse por sendas xa existentes para evitar causar impacto na flora litoral.
O proxecto conta nesta ocasión co apoio da Acción Social de CaixaBank

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través do correo electrónico ramses@adega.gal  ou chamando ao 616 23 80 50

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal