Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXVI Xornada de Formación do Proxecto...
30-09-2017 / 30 de setembro de 2017
Será, como en ocasións anteriores na EHEC en Vilagarcía de Arousa. Estes cursos están destinados aos grupos de participantes do Proxecto Ríos e neles afondamos en cuestións relacionadas cos nosos ecosistemas fluviais. A actividade central é a recollida e identificación de macro invertebrados, mais tratamos outras temáticas que teñen que ver coa diversidade que alberga os nosos ríos. A temática será a perda de biodiversidade nos ríos que teñen eucaliptais no bosque de ribeira, cunha conferencia de Adolfo Cordero da UVigo. Podedes anotarvos enviando un mail a: ramses@adega.gal Podes descarregar o cartaz da xornada: XXVI_Curso_Formacion_Outono_2017.pdf
Programa das XXVI Xornadas de Formación:
11.00 Chegada e entrega de material.
11.15 Estado do Proxecto Ríos.
11.30 Impacto da silvicultura intensiva nos regos. Adolfo Cordero. UdVigo
14.00 Xantar.
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19.00 Clausura do curso.
O curso é gratuíto.
O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico: ramses@adega.gal
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal