ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / A exposición ´A AMEAZA SILENCIOSA: A...

Do 05-10-2016 ao 14-10-2016

A exposición ´A AMEAZA SILENCIOSA: A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA´chega a Ponteareas

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), pon a disposición de diferentes institucións e entidades (concellos, asociación, etc) que conten cunha sala ou local de exposición coas condicións axeitadas a exposición A AMEAZA SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA.

Trátase dunha exposición sobre as especies invasoras e a súa problemática editada no marco do Convenio entre ADEGA e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.  

Este mércores 5 de outubro ADEGA instalará a citada exposición no CIFP A Granxa en Ponteareas no que se realizará tamén unha actividade sobre as Especies Exóticas Invasoras (EEI).

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das EEI;  Que son?, cal é a súa orixe?,  e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos.

Para máis información, solicitudes ou consultar a disponibilidade da exposición itinerante enviando un mail a ramses@adega.gal ou chamando ao 616 23 80 50.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal