Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXIII Xornadas de Formación do Proxecto...
23-04-2016
A temática do curso será achegarnos ás especies de peixes exóticos dos nosos ríos e anunciar o mapeado participativo de EEI en Galicia. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.
Programa das XXIII Xornadas de Formación:
11.00 Chegada e entrega de material.
11.15 Estado do Proxecto Ríos.
11.30 Mapeado participativo EEI en Galiza
12.00 Características e distribución da ictiofauna exótica en Galicia. David José Nachón García (EHEC)
14.00 Xantar.
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19.00 Remate do curso.
O curso é gratuíto, só hai que levar a comida. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal