ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Proxecto Ríos: Inspección de...

06-04-2016

Proxecto Ríos: Inspección de primavera no río Lagar (A Coruña)

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas voluntarias. Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumprimentar as Follas de Inspección. 

Realizarase unha avaliación pormenorizada atendendo a parámetros como o caudal, análise de augas (medición do pH, temperatura da auga, cantidade de O2 disolto...), estudo de fauna (mostraxe de macroinvertebrados) e flora (características do bosque de ribeira).

O principal fin é achegar a poboación ao contorno natural, concienciando da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente.  Ademais aprenderase a recoñecer a calidade biolóxica e fisicoquímica.

Data e hora: 6 de Abril, 15:30 h. O lugar de encontro será a entrada principal da Facultade de Economía e Empresas. Prazas limitadas. Inscricións en oma3@udc.es.

Lembrade levar calzado axeitado e chuvasqueiro se chove algo, e botas de auga (opcional) para meternos no río. Se chove moito avisarase da suspensión da actividade.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal