ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Presentación do Informe anual sobre a...

02-02-2016

Presentación do Informe anual sobre a saúde dos ríos galegos

O vindeiro martes 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, o Proxecto Ríos presentará o informe anual do estado de saude dos ríos galegos. 

No informe establecese unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante no Proxecto Ríos.

Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, e as actividades máis importantes desenvolvidas durante o ano 2015, así como o Calendarío 2016 coas actividades máis destacadas deste novo ano.

Será na Libraría Couceiro en Santiago de Compostela ás 12:00 h.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal