ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Roteiro polo monte da Fraga

10-11-2015

Roteiro polo monte da Fraga

O próximo 10 de Novembro ás 15:30 h terá lugar un roteiro polo Monte da Fraga no Campus da Zapateira, guiado pola profesora Dra. Elvira Sahuquillo e organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC.

O Monte da Fraga sitúase detrás da Facultade de Ciencias, e esténdese ata a Facultade de Filoloxía e arredores. Dende hai anos estase a realizar unha restauración participativa neste terreo coa colaboración da Asociación ecoloxista ADEGA e coa axuda de numerosos voluntarios que axudaron na limpeza de exóticas invasoras e plantación de acivros, cerdeiras ou plantas aromáticas.

Para coñecer máis, visita o noso facebook. Data e hora: 10 de Novembro, 15:30 h. Lugar de encontro: Entrada principal da Facultade de Ciencias Lembrade levar calzado axeitado e chuvasqueiro se chove algo. Se chove moito avisarase da suspensión da actividade.

Inscricións en oma3@udc.es

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal