ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXII Xornadas de Formación do Proxecto...

26-09-2015

XXII Xornadas de Formación do Proxecto Ríos

A temática do curso será afondar no coñecemento dos Odonatos, identificando ninfas deste grupo de insectos moi abundantes nos nosos ríos. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.

O curso é gratuíto. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico: ramses@adega.gal

Programa das XXII Xornadas de Formación:

11.00 Chegada e entrega de material.
11.15 Estado do Proxecto Ríos.
12.00 Identificación de ninfas de Odonatos. María Teresa Couto (EHEC).
14.00 Xantar.
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19.00 Clausura do curso.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal