ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado Ambiental para a Eliminación...

22-07-2015

Voluntariado Ambiental para a Eliminación de EEI en Fisterra

O mercores 22 de xullo, Adega e o Proxecto Ríos imos realizar unha xornada de voluntariado ambiental para contribuir na eliminación de duas poboacións de Alternanthera philoxeroides en Hermedesuxo (Fisterra). Trátase dunha primeira cita para a península Ibérica, de ahí a importancia de actuar de xeito temperá. Traballaremos ao longo de toda a maña, tendo cuberto o voluntariado un seguro de responsabilidade civil así como o xantar.
Sairemos as 9.00h do local de ADEGA en Compostela, para chegar as 10.15h ao lugar de Hermedesuxo Se estás interesado /a en participar ponte en contacto con nos, xa que as prazas son limitadas ( viqui@adega.gal )
A Alternanthera philoxeroides considerase como unha das peores invasoras acuáticas do mundo. Pode formar densas colonias en canles, charcas, correntes e diques de irrigación, así como en medios terrestres, desprazando ás especies autóctonas. Noutros países comprobouse que presenta un control caro e complicado unha vez establecida, polo que se debe previr e evitar a súa entrada no medio natural. (ver anexo catalogo español de EEI). Ao tratarse dunha primeira cita para a peninsula e polo seu tamaño reducido, entendemos que debe ser erradicada o máis rápidamente posible, xa que será o mais sinxelo e menos costoso, polo que dende ADEGA deseñamos un programa de actuacións a desenvolver entre o 2015 e 2016, no que tamén colaborará o alumnado do IES Fin de Camiño de Fisterra. A través de esta xornada complementamos as actuacións que está a desenvolver a Delegación Provincial de Conservación da Natureza de Coruña.
Queremos agradecer a Javier Amigo, e a Biodiversidade.eu (Roi Carballal e Miguel Serrano) as súas achegas, así como a colaboración do Concello de Fisterra.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal