ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XI Encontro de Voluntariado do Proxecto...

20-06-2015

XI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado de Proxecto Ríos. Será o día 20 de xuño de 2015. Desta volta se realizará na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Este ano 2015 o Encontro de Voluntariado estará dedicado, como en anos anteriores, a coñecer diferentes experiencias de grupos que participan no Proxecto Ríos. Ademais, como novidade, desenvolverase unha actividade de descuberta de biodiversidade, tamén coñecido como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos dos ríos Ulla e Pambre para
coñecer máis de cerca os tesouros que agochan os nosos ríos. Cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo.
Con esta actividade queremos darlle un aire novo aos encontros de voluntariado e divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos. Ademais, o curso alto do río Ulla é un dos espazos fluviais máis espectaculares de Galicia e moi axeitado para realizar este tipo de actividade.

Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia.
 

PROGRAMA.

10.00 Benvida ao voluntariado.

10.30 Presentación de experiencias do Voluntariado do Proxecto Ríos.

11.30 Descuberta de biodiversidade da conca do Ulla-Pambre
             Presentación
             Grupos e saída ao río

14.30 Xantar

16.30 Continuación

19.00 Remate do encontro


Se queres participar no Encontro ponte en contacto con nos.

e-mail: pacobanhobre@adega.gal
Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal