ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Ven facer con nós un xardín de...

29-04-2015

Ven facer con nós un xardín de aromáticas

O próximo día 29 de Abril Oficina de Medio Ambiente da UDC e a Asociación ecoloxista ADEGAorganizamos unha xornada sobre as plantas aromáticas. A actividade enmarcase no proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga e desta volta faremos unha plantación de aromáticas. 

Aproveitaremos esta actividade para o coñecemento de diferentes especies de plantas aromáticas, así como o seu cultivo e coidados. Comezaremos cunha charla impartida por Javier Cremades Ugarte profesor da UDC e doutor en Farmacia, Botánica e Bioloxía Vexetal. 

Terá lugar ás 17:00h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias
Despois da charla pasarase á parte práctica que consistirá na plantación de aromáticas na ladeira do Monte da Fraga, entre outras ourego, lavanda, melisa, xarxa, etc.

Como xa apuntamos este é un proxecto participativo, polo que se tes plantas aromáticas na túa casa e queres doar algunha para a restauración do Monte da Fraga podes traela e a plantaremos. Outras doazóns foron os acivros en febreiro e as cerdeiras o ano pasado.

duración da actividade será de aproximadamente dúas horas.


Animádevos a participar!

Inscricións no correo oma3@udc.es. (Enviade nome máis DNI)
Límite de prazas: 20 persoas
Máis información:
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter: @OMA_UDC

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal