ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Curso teórico-práctico sobre a...

20-04-2015

Curso teórico-práctico sobre a compostaxe na UDC

Un dos obxectivos da Oficina de Medio Ambiente (OMA) é reducir e xestionar correctamente os residuos producidos no campus. Concretamente os residuos orgánicos, para tal fin no campus de A Zapateira dispoñen de dúas áreas de compostaxe, que asumen os restos orgánicos dos comedores universitarios da Facultade de Filoloxía, Facultade de Ciencias e Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Estas áreas son xestionadas polo persoal bolseiro da Oficina.

Agora pretenden  estender este sistema ao campus de Elviña e ao de Oza, así que instalaron dúas áreas experimentais para xestionar os residuos orgánicos da cafetería de Ciencias da Educación (Elviña) e da cafetería de Ciencias da Saúde (Oza), ambos centros están integrados no programa Green Campus. Queremos tamén agradecer a colaboración ao persoal dos comedores por facilitar o traballo e querer xestionar os seus residuos dunha forma máis ecolóxica. Eles encargaranse de depositar os restos orgánicos no composteiro e engadir estruturante, o persoal bolseiro da OMA-Green Campus e de ADEGA encargarémonos de manter as áreas nas condicións axeitadas.

Para iniciar o proxecto organizamos un curso teórico-práctico sobre a compostaxe. A relatora do curso seráMaría R. Lafuente, coordinadora dos programas de compostaxe de ADEGA. Explicaremos como funciona un composteiro e que aspectos debemos ter en conta para compostar os restos orgánicos con éxito. A parte práctica será na área de compostaxe de Ciencias da Saúde.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal