ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Roteiro polos xacementos arqueolóxicos da...

22-03-2015

Roteiro polos xacementos arqueolóxicos da Mariña

Canle escavada na rocha das Catedrais

Mariñapatrimonio, a asociación ecoloxista ADEGA, Cultura do País, Os Espigueiros, Agrupación cultural Francisco Lanza, Ollomao, A Galleira ou a Irmandade de Santo Estevo inician unha campaña na defensa do xacemento arqueolóxico das Catedrais, un forno romano que está a piques de desaparecer, coa realización dun roteiro que nos permita coñecer a estensa riqueza arqueolóxica da comarca costeira.

Este roteiro permitiranos coñecer ese xacemento abatido polo mar, que podería desaparecer se a administración non dispón medidas de conservación urxentes. Tamén servirá para desvelar un dos segredos mellor conservados das Catedrais. A falta de existiren estudos arqueolóxicos que o confirmen, podería tratarse dunha antiga mina de ouro romana, a xulgar polas vetas auríferas que hai no seu intenterior, as canles picadas na rocha e a proximidade do forno de Esteiro.

Esta hipótese non resulta sorprendente, se pensamos que toda a zona oriental da Mariña é rica en ouro e que abundan as explotacións auríferas da época romana. Non só atopamos minas terra  adentro, senón que tamén se atopan rexistros dos labores mineiros na costa, con galerías que foron abertas dende os cantís e dende as praias, como é o caso das galerías do castro do Carreiro en Foz ou as de Salave en Tapia.

Por tanto, cumpriría estudar se existe algunha conexión entre as vetas auríferas, a canle picada na rocha e o forno romano das Catedrais para saber se desta praia os romanos tamén extraeron ouro.

O percorrido do roteiro

O percorrido do roteiro será de 8 km e de dificultade baixa e durará toda a xornada, partindo ás 10.30 horas desde o aparcadoiro da praia de Arealonga en San Miguel de Reinante. Pola mañá, visitaremos a pé os seguintes xacementos ou puntos de interese:

POLA MAÑÁ:

  • Punta do Castro en San Miguel de Reinante.
  • Praia de Arealonga, na que veremos unha turbeira na que se conservan restos dun bosque de hai oito mil anos.
  • Percorrido polo areal ata a praia das Catedrais, aproveitando que teremos marea baixa.
  • As Covas das Catedrais, onde veremos as vetas auríferas.
  • Percorrido pola parte alta dos cantís das Catedrais para observar a canle picada na rocha.
  • Visita ao forno de cerámica romana de Esteiro.       
         
POLA TARDE:
O percorrido da tarde farase en bus e coches particulares e visitarase:

  • Castro da Devesa.
  • Castro de Meirengos.
  • Cetárea de Rinlo e a Lagoa “Daniel Vispo”.
  • Castro de Piñeira.
  • Castro das Grobas.

Reserva de praza e prezos

SAÍDA DESDE SAN MIGUEL DE REINANTE
Se te queres unir á ruta desde San Miguel de Reinante, debes facer a túa reserva de praza chamando por teléfono ao  619553236, ou enviando un mail a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome e apelidos do participante e un número de teléfono móbil.

Hora de saída:  10:30 horas, no aparcadoiro de autobuses da praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante.

Prezos:
Podes reservar o xantar no restaurante ou levar comida para o camiño.

  • Sen xantar: 2€ socios/ 5€ non socios.
  • Con xantar: 15 € socios/ 20€ non socios.
 
SAÍDA DESDE LUGO: 
Se queres acudir ao roteiro desde Lugo, debes reservar praza chamando por teléfono ( 982240299, 679113718) ou enviando un mail a adegalugo@adega.gal, indicando o nome e apelidos do participante e un número de teléfono móbil.

Hora de saída:
09:00 horas, fronte a Facultade de Formación do Profesorado (Av. Ramón Ferreiro).

Prezos:
Pódese reservar o xantar nun restaurante da zona ou levar comida para o camiño.
  • Sen xantar:  5€ menores de 17 anos/ 10€ socios/15€ non socios/12€ parados, xubilados e estudantes.
  • Con xantar: Haberá que sumar aos prezos anteriores 13€ máis.

XANTAR

As persoas participantes poderán levar comida para xantar polo camiño  ou reservar praza no restaurante a Yenca de San Miguel de Reinante. Nese caso, deberá avisar cumpridamente de que quere comer de restaurante ao formalizar a reserva de praza.Menú:
  • Ensaladilla
  • Cordeiro
  • Tarta de queixo.
  • Inclúe viño da casa, casera, pan, auga e café.
  O menú pódese variar previo aviso.

As persoas interesadas en participar deberán levar para o camiño calzado e roupa axeitados.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal