ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Manifestación na defensa dos froitos do...

22-11-2014

Manifestación na defensa dos froitos do noso monte

NON AO ROUBO DO MONTE VECIÑAL

MANIFESTACIÓN PARA DEFENDER OS FROITOS DO NOSO MONTE

Convocan: ORGACCMM, FRUGA
Lugar: Estación de Tren, Santiago de Compostela.
Día: sábado, 22 novembro
.
Hora: 12.00 h.

AVISO PARA AS PERSOAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR: Sairá un autobús ás 10 horas desde a Estación de Tren de Lugo, con parada na estación de servizo de Guitiriz ás 10.30 horas. Prezo: 5 euros.

É preciso chamar para anotarse con antelación ao 681027859 ou ao 608929478.

Os montes veciñais en mao común ocupan 1/3 do territorio da Galiza (650.000 has). Están xestionados democraticamente por unhas 3.000 comunidades, que reunen aproximadamente uns 250.000 veciños e veciñas comuneiros/as. O monte veciñal é unha seña de identidade propia de Galiza, somente hai esta figura en Galiza e no norte de Portugal.  

Na etapa franquista o monte veciñal foille roubado aos seus legitimas propietarios, os veciños e veciñas comuneiros, para ser entregado a diversas administracións públicas. Xa nos posfranquismo procedeuse á devolución, nalgúns  casos  incompleta, aparecendo a figura dos consorcios e dos convenios.   Os consorcios e os convenios é un acordo entre quen ten a lexitima propiedade do monte e a administración forestal, correspondendolle  a esta a xestión do mesmo. A adminstración  forestal  nunca  presentou as  cantas  claras  e  cando  se ve  oblida  a presentalas resulta que as e os comuneiros sempre resultan debedores da administración.  

A nova lei de montes de Galiza (lei 7/2012), na súa disposición transitoria novena, dí que se no mes de agosto de 2016 as comunidades que teñan os seus montes con convenios ou consorcios non pagan o saldo deudor estarán abrigadas a asinar un contrato con unha empresa forestal privada. Nesto consiste o roubo legal que prepara a Xunta de Galiza do PP.  

A lei de montes do estado Español (lei 43/2003) permite a condonación das débedas dos montes coveniados ou consorciados, sempre que o titular da terra se comprometa a xestionala mediante un instrumento de xestión. Non hai ningunha razón legal, xurídica e técnica que impida condonar as débedas do monte veciñal conveniado  ou consorciado.  

As entidades convocantes demandan da Conselleria do Medio Rural e do Mar: 

  • Condonacl6n das falsas débedas dos montes veclllais con convenios ou consorcios.
  • Plan orzamentarlo para a posta en valor dos nosos montes. Por un monte multlfunclonal.
  • Proceder de !mediato aos deslindes de todos os montes vecillais por conta da admlnistraci6n.
  • Reinvestlmento diferenciado, atendendo lis condlcl6ns soclals, demográficas e economlcas.
  • Fiscalldade propia para os montes vecillais, non ao Imposto de Sociedade. Por unha fiscalldade galega.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal