ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Estrea do documental Filtrando a luz

26-04-2025

Estrea do documental Filtrando a luz

A Federación Ecoloxista Galega fai un convite á estrea do documental "Filtrando a Luz", dirixido por Xacobe Meléndrez Fassbender e que recolle a historia do Movemento Ecoloxista Galego, boa parte dela artellada ao redor da Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza – Federación Ecoloxista Galega. 

O acto contará coa presenza do director e moitas das persoas protagonistas que participarán no coloquio posterior á proxección. A estrea terá lugar na Sala Numax de Compostela o sábado 26 de abril ás 12h. O aforo é limitado e precísase confirmación de asistencia e número de acompañantes até o día 23 de abril no correo: feg.temosraices@gmail.com.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal