ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / ADIADO_Campo de Voluntariado Ambiental no...

Do 08-03-2024 ao 10-03-2024

ADIADO_Campo de Voluntariado Ambiental no Río Tea

Continuamos cos Campos de Voluntariado para a eliminación de EEI no río Tea, nesta ocasión na fin de semana do 8, 9 e 10 de marzo.

Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminando manchas de Acacia dealbataA. melanoxylon ou Phytolacca americana, entre outras. 

Tamén revisaremos outras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes.

O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada.

As prazas son limitadas. É preciso inscribirse cubrindo o seguinte formulario.

Para máis información podes escribir un correo a itziar@adega.gal ou chamando ao  981 57 00 99

Esta iniciativa conta co apoio da Confereración Hidrográfica Miño-Sil

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal