Páx. 36 - 37
Tras a vaga de lumes de 2006, xurdiu un movemento social de voluntarismo e solidariedade co fin de encamiñar accións de axuda para superar, en parte, os problemas derivados da crise incendiaria. Constituíuse así o chamado “Voluntariado en Defensa do Monte Galego”. Nun primeiro momento, coordinado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, chegou a consolidarse no panorama galego da man da Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta de Galiza e coa colaboración da Consellaría de Medio Rural. Para esta reportaxe acompañamos a xornada de traballo dun grupo de voluntarios/as en terras do alto Ulla.
Páx. 53
Amigos da terra, unha entidade que ten como obxectivo a protección do medio ambiente, para lograr a toma de conciencia das persoas a entidade entendeu que era fundamenta a educación ambiental e así creouse o Centro de A educación Ambiental As Corcerizas, un equipamento para divulgar información e proporcionar experiencias directas e persoais.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 54 - 55
Por segundo ano consecutivo tivo lugar o Campamento de Volunatiado Ambiental do río Tea organizado polo Proxecto Ríos ao abeiro das axudas do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariña. A actividade tivo unha grande acollida e nela participaron unhas 90 persoas. Desenvolveuse durante as tres últimas fins de semana de outubro.
CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza
Páx. 24 - 25
Durante o 2008, 50 domicilios de Santiago de Compostela participaron no programa de educación ambiental Fogares verdes. Este programa de acompañamento que dá continuidade aos proxectos de compostaxe caseira vén demostrar que cunhas doses de reflexión, outro pouco de vontade e algúns cambios de hábitos pódese aforrar auga e enerxía no día a día, no noso fogar. A experiencia desenvolveuse tamén nos concellos de Porriño e Ames.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 10 - 11
O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) posúe un amplo e variado fondo documental aberto ao público e dispoñíbel para a súa consulta. Estas publicacións especializadas supoñen un apoio fundamental na investigación, na realización de traballos e informes técnicos, proxectos ou na preparación de saídas e actividades na natureza, xa que conta cun abano interesante de guías e roteiros.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 34 - 35
A piques de cumprir cinco anos de andaina, o Proxecto Ríos pon en marcha unha nova iniciativa que pretende fomentar a recollida e divulgación de nomes populares asociados aos ríos e dos aspectos culturais vencellados a eles. Os traballos de estudo e divulgación dos nosos ecosistemas fluviais realizados durante estes anos permitíronnos descubrir a extensa riqueza que agochan, non só, dende o punto de vista ambiental senón tamén cultural. Un programa de educación e voluntariado ambiental que pretende incidir sobre cuestións léxicas e culturais como receitas, adiviñas, etc., contribuíndo así ao mantemento da nosa lingua e da nosa cultura.