Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 51 - .

Primavera 2007

CERNA Nº 51 - .

Artigos da revista CERNA Nº 51

Recursos 51

Ramsés Pérez

Páx. 8

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando “Recursos Cerna”. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Marea de cemento no esteiro do Anllóns

Fernando Baneira, Daniel Romero e Adrián Lema

Páx. 10- 11

Este artigo trata do desenvolvemento económico que parece que se vai dar pola construción dun paseo marítimo e dun hotel a beira mar, no Esteiro do Anllóns.Pero non é só este hotel, outras empresas privadas queren construír chalés a beira do mar por toda a Costa da Morte. Por iso, dende este artigo, estes autores falan da importancia da nosa cultura diferente, a nosa lingua propia e tamén a nosa costa única e unha natureza aínda sen estragar. A nosa paisaxe pode ser unha importante fonte de riqueza que non se vai esgotar nunca.

Urbanismo: o peor dos prestiges na costa galega

Adela Figueroa Panisse

Páx. 12-13

En Cangas, nos terreos que agora ocupa a fábrica de Massó, preténdese substituír unha zona rica en vida, que deu traballo a moitos mariñeiros e mariscadoras, por un porto deportivo, un hotel e unha urbanización. Isto é moi grave, porque as rías, ecosistemas privilexiados, son moito mais fráxiles do que se pensa.As zonas produtivas non forman xa unha liña continua, senón que están illadas entre si por zonas altamente degradadas ficando os ricos bancos marisqueiros sen conexión.Así pois, a pesca en Galiza é un sector estratéxico que forma parte da nosa vida. A natureza dotounos duns bens privilexiados pola fermosura e produtividade do noso litoral e as rías son ecosistemas altamente produtivos que non podemos deixar de estragar.

Urbanismo na Saíña e na Frouxeira (Valdoviño). Resiste a Rede Natura a presión urbanística?

Carlos Outeiro

Páx. 14

¿Quen non gusta de contemplar aos seus pés unha praia de mais de 3 quilómetro de area fina? Isto e o que podemos contemplar cando nos achegamos ao lugar d´ A Saiña, no concello de Valdoviño. Aínda así, isto non impide, que a día de hoxe, sen reunir as características necesarias, unha parcela deste lugar fique clasificado como Solo Urbano no planeamento urbanístico do Concello de Valdoviño e se inicien os traballos a instalación de vivendas e un hotel. Desde ADEGA denunciamos o inicio dunhas obras que non dispoñen das necesarias autorizacións, como as da D.X. Conservación da Natureza ou D.X. de Urbanismo.

Da vivenda rural e a paisaxe á especulación

Adela Figueroa Panisse

Páx. 15-17

En Galiza, os núcleos de poboación están indisolubelmente incorporados á paisaxe tradicional e responden a unha máxima rendibilidade das posibilidades do contorno. A aldea situábase normalmente ocupando as abas das montañas, deixando os terreos menos costentos e os inundábeis das beiras dos ríos, para cultivos de horta. Actualmente o que resalta é a diseminación desordenada no que o bosque achégase as casas e as casas invaden zonas que tradicionalmente eran de bosque.

Entrevista a Xoán Ramón Doldán: “ Algunhas centrais térmicas terán que desaparecer”

Por Belén Rodríguez

Páx. 18-21

Xoán Ramón Doldán é economista e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa investigación principal na universidade céntrase no campo da economía dos recursos naturais, cun especial interese na economía da enerxía, análise de fluxos e contabilización do patrimonio natural, a economía pesqueira e a análise input-output. Sobre estes temas dirixiu varias teses doutorais e de licenciatura. Entre as súas publicacións destacan as seguintes: Informe da avaliación económica dos danos producidos pola marea negra do Aegean Sea; O impacto do Prestige. Análise e avaliación dos danos causados polo accidente do Prestige e dispositivos para a rexeneración medioambiental e recuperación económica de Galicia; Enerxía, materiais e auga na industria manufactureira galega; O petróleo como fonte de conflito internacional. Desde 2005 é Director do Instituto Enerxético de Galiza (INEGA), dependente da Consellería de Innovación e Industria.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal