Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 70 - Reforma...

Outono 2013

CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis

Artigos da revista CERNA Nº 70

Recursos 70

Ramsés Pérez

Páx. 9

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambienteCerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as as nosas recomendacións desta edición.

Cambios lexislativos que afogan as renovábeis

Fermando Blanco Silva

Páx. 10-12

Co fin de frear o chamado "Déficit Tarifario", o goberno español vén de crear unha nova normativa que impide, na práctica, que as novas centrais eléctricas que usen tecnoloxías renovábeis sexan beneficiarias das primas á produción, imprescindíbeis para que sexan economicamente interesantes. O peche temporal foi inmediato e todas as instalacións que desde ese momento están fóra do Rexistro non teñen dereito a percibir primas á produción. Outro aspecto importante da Reforma Eléctrica é que non regula o autoconsumo,é dicir, cando unha empresa consume a enerxía que ela mesma produce. Estas mudanzas normativas e as súas consecuencias para o sector e para o consumidor son analizadas detalladamente polo Responsábel de Enerxía da USC.

As centrais de bombeo: Unha nova ameaza para os nosos ríos

Fins Eirexas

Páx. 13-15

A razón destas centrais de bombeo ou de ciclo reversíbel non é outra que especulación enerxética. Lonxe de significar unha medida para mellorar a eficiencia, promover a suficiencia ou proporcionar estabilidade ao subministro eléctrico, estes proxectos son para ADEGA un inmenso timo, unha estafa perpetrada coa cooperación necesaria das administracións, cómplices dun verdadeiro lavado de megavatios suxos e dunha descarada malversación de fondos públicos. Fins Eirexas, estuda os casos concretos que afectan ao ambiente, e nomeadamente, a ríos de Galiza.

A xestión do lixo: Situación na Galiza e noutras áreas do Estado español

Manuel Soto

Páx. 16-19

Neste artigo revisamos os modelos e os resultados da xestión do lixo en diferentes ámbitos do Estado español. A recollida separada encóntrase hoxe xeralizada a través de sistemas que segregan 4 ou 5 fraccións diferenciadas. Os modelos de 4 fraccións baseados na separación dobre húmido-seco e as recollidas monomateriais de papel-cartón e vidro (Córdoba, Montejurra (Navarra), Barbanza, Nostián) atinxen recuperacións no rango do 13 ao 28% do lixo en materiais reciclábeis e do 8 ao 20% do lixo en materia orgánica compostábel, con valores globais do 30-35% en masa. Os modelos que prescinden da recollida separada da materia orgánica, como SOGAMA ou Pamplona, reciclan entre o 8 e o 22%, mentres que entre o 68 e o 90% dosresiduos municipais recóllense mesturados e sen posibilidades de recuperación. Os modelos de recollida porta a porta, de aplicación en moitos concellos cataláns (e máis recentemente tamén en Euskadi), segregan igualmente 4 ou 5 fraccións, mais con resultados moi superiores en cantidade e calidade. Entre os ámbitos estudados, Barbanza mostra os mellores resultados e SOGAMA, os peores.

Como reducir ou evitar a contaminación por Radon en edificios e vivendas

Xoán Miguel Barros Dios

Páx. 20-24

Neste artigo, preténdense dar algunhas pautas prácticas para evitar a acumulación de gas radon nas vivendas ou edificios rehabilitados ou de recente construción, así como medidas de eliminación do gas nas demais vivendas afectadas. Son técnicas que demostran a súa eficiencia en exemplos prácticos sinalados polo director do Laboratorio de Gas Radon de Galiza.

Preguntas sobre as radiacións electromagnéticas e os seus efectos

Ana Rodríguez

Páx. 25-28

O aumento do uso das novas tecnoloxías desde finais do século XX é unha realidade estendida en todo o mundo que nos facilita en grande medida a nosa vida cotiá. Sen embargo, o emprego da tecnoloxía sen fíos non está exenta de polémica na maioría dos países onde amplos sectores das máis altas institucións de científicos de todo o mundo están atopando incrementos importantes de enfermidades leves e graves, e cuestiónanse se poden relacionarse co incremento notábel dos niveis de radiacións electromagnéticas (REM). A continuación, suxerimos unha serie de cuestións arredor desta problemática.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal