ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA concede os Premios 2013 dos Concursos de...

14-01-2014

ADEGA concede os Premios 2013 dos Concursos de foto, relato e curtas polo Territorio

Apertura do Acto de entrega de Premios polo Territorio 2013 por Mario Outeiro (delegado Cultura na Deputación de Lugo) e Froilán Pallín (secretario xeral de ADEGA) 00:06:09

Hoxe tivo lugar, ás 12 do mediodía, no Salón de Actos da Deputación de Lugo o acto de entrega dos Premios 2013 polo Territorio convocados por ADEGA desde hai 3 anos para que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra.

Trátase da resolución da  III Edición dos Concursos de fotografías e de relatos e do  II Certame de curtametraxes, apoiados co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e enmarcados na campaña de ADEGA “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”.

Nesta última edición achegáronse 68 fotografías de 24 participantes, 65 relatos de 60 participantes e 11 curtametraxes de 10 participantes procedentes de toda a xeografía galega: Mugardos, Agolada, Lalín, Lugo, Cerceda, As Nogais, Vilar de Santos, A Estrada, Sober, Ferrol, Cedeira, Ourense, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, Salceda de Caselas, Nigrán...

Os diferentes galardóns foron entregados por varios representantes de ADEGA, membros do xurado e polo delegado de Cultura na Deputación de Lugo, Mario Outeiro.

A continuación sinalamos os nomes e obras das persoas premiadas e finalistas dos tres Certames polo Territorio.

III Concurso FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO

Lectura da Acta do III Concurso de Fotografía polo Territorio (por Froilán Pallín) 00:02:15

CATEGORÍA ADULTA:
-Gañador:

-Finalistas:
CATEGORÍA XUVENIL:
-Gañador:
-Finalistas:

III Concurso de relatos O LUGAR ONDE VIVO

Lectura da Acta do III Concurso de Relatos polo Territorio e Valoración da presidenta do xurado (Adela Figueroa) 00:07:23

CATEGORÍA ADULTA:
-Gañador:

-Finalistas:

CATEGORÍA XUVENIL:
-Gañador;
-Finalistas:

II Concurso de curtametraxes E TI QUE É O QUE VES?

Lectura da Acta do II Concurso de Curtas polo Territorio (por Anxo Manoel Lamelo) 00:03:32





CATEGORÍA ÚNICA:

-Gañadores:

  • 1º premio; “As feridas do Xallas” de María Redonda Bujeiro (Corcubión). (Diploma e 250 euros).
  • 2º premio; “Fala” de Marina Chiavegatto e Millán Castro. (Diploma e 150 euros).

-Finalistas:

Os vídeos seleccionados publicaranse neste web ao longo dos próximos días. Estade atentos/as!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal