![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
ADEGA-Lugo convídate a coñecer o litoral máxico de Lugo |
![]() |
![]() |
![]() |
A ruta será de aproximadamente 10 quilómetros, e de dificultade media-baixa. O punto de saída do roteiro será o porto de Morás. Dende este antigo porto baleeiro partiremos, atravesando unha paisaxe de formigón e dolos até a punta Morás, onde habita nunha curiosa formación rochosa un xigante frade de pedra. A partir deste punto entraremos nun dos tramos da nosa costa mellor conservados e menos maltratados polo bum urbanístico. Ao longo deste traxecto uniranse á nosa comitiva Xoán e a súa cobra Ramonciña; as ánimas dos náufragos de Esteiro, a dos nenos mortos sen bautizar e a súa madriña; o rei do castro de Morás; o marqués da Illa de Sarón; Rodrigo de Coimbra; os frades de San Tirso e outros mouros e encantos que nos amosarán as súas seculares moradas. O roteiro finalizará na praia de Esteiro, onde en 1979 rematou a marcha contra a instalación da central nuclear de Xove. SAÍDA
O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (Av. Ramón Ferreiro) ás 9.00 horas. Cada persoa levará a súa comida e roupa e calzado axeitados para o camiño.
PREZOS
Xeral: 15 €
Estudantes, parados/as e xubilados/as: 12 €
Socios/as: 10 €
Ata 17 anos: 5 €
RESERVA DE PRAZA Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299. Recoméndase chamar antes do venres 24 de maio. |