![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
O xulgado de Ferrol ratifica a ilegalidade da urbanización da Frouxeira, denunciada por ADEGA en 2006 |
![]() |
![]() |
![]() |
As obras comezaron no verán do 2006 e inmediatamente, cando temos coñecemento da autorización, ADEGA presenta a correspondente denuncia perante o concello de Valdoviño e a Dirección Xeral de Urbanismo, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e o SEPRONA. Como resultado conseguimos, a pesar da oposición da daquela corporación municipal, unha primeira paralización das obras que o promotor, amparándose na falta de Resolución Municipal, tentou reiteradamente de ignorar, reiniciando por varias veces as obras. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en contestación a ADEGA, confirmou as nosas denuncias, e consecuentemente, o Pleno do concello de Valdoviño non fai outra cousa que seguir as instrucións da APLU e declarar nula a licenza en 2009. Diante desta decisión, a construtora recorreu en instancia contencioso-administrativa, que agora un xulgado de Ferrol vén de desestimar. No camiño quedan rocambolescos informes, casualmente a favor da construtora, emitidos no seu momento por diversas administracións e destapados pola Fiscalía Ambiental a denuncia de ADEGA: A Fiscalía revelou que a planimetría da obra fíxose cunha localización "errónea" do castro, que aparecía situado no mar!!!. Como consecuencia, a D. X. de Patrimonio emite un informe favorábel, xa que o perímetro de protección patrimonial, calculado a partires dunhas coordenadas erradas, permitira obrar xusto pegado á muralla do monumento. Calquera persoa con acceso a internet podería ter feito a comprobación da posición "errónea" do xacemento, que a Xunta deu por boa. Pola súa banda, Costas e Medio Ambiente tamén informan favorabelmente, malia a afectar á zona de servidume de protección e tratarse dun LIC con hábitats prioritarios. |