Ferrol 15.9.2010. 20 hs. Mesa redonda: “Contra a destrución do Patrimonio Natural”. Esteiro. Espazo Aberto. Relatores: Nés Lópes Días, secretario de ADEGA-Ferrol; Rubén C. membro do Colectivo 0’0”. Entrada libre. Mesa redonda dentro da programación das actividades cultaráis e lúdicas do Festival “Fervesteiro 2010”, http://fervesteiro.homelinux.org/ e tlf: 649779774 |
|
Ferrol 26.8.2010. Praza do Inferniño as 20,15. Nova marcha ciclista "Masa Crítica" apoiada por diversos colectivos (Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Xoaninha, etc) .Nesta ocasión, dentro do propio percorrido, realizada parada nas hortas urbanas e visita guiada realizada por Sonia, María José, Alexandre e José. |
Ferrol 18.8.2010. Realizada nova concentración de repulsa pola entrada ilegal de gaseiros na ría de Ferrol hacia a pranta de regasificación de Mugardos. Convocados polo Comité Cidadán Emerxencias da Ria de Ferrol e coa participación de membros de ADEGA, realizouse outra concetración de repulsa ante a entrada “ilegal” do gaseiro “Iberica Knutsen” cargado con GNL con capacidade para 138.000 toneladas. Información adicional: www.comitecidadan.org |
Domingo 15 de agosto, Mercadiño de Troco en Ferrol. Celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos, para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (ADEGA, Verdegaia, Unións Libertarias, SGHN, Cooperativa Xoaninha, Asociacions Vecinais, Masa Critica etc.) e particulares. Información adicional: http://trocaferrol.org.
Debuxo: Francisco Ibañez |
Ferrol-As Pontes, 12 de agosto de 2010. Dentro da campaña de defensa do Pico Vello, nas portas das Fragas del Eume, ameazado polo proxecto dunha mina de andalucita, este vindeiro 12 de agosto imos xuntarnos para observar a chuvia de meteoros das Perseidas, ou "bágoas de San Lourenzo". O punto de encontro será ás 23:30h no Galhel, moi próximo ao Pico Vello. Sairemos en carro dende Ferrol (ás 22:30 xunta Correos), pasarase por Fene ás 22:45h (no Gadis) até o punto de encontro no Pico Vello, na zona do Galhel ás 23:30h. A observación estará guiada por compañeiros da sección de astronomía da SGHN. Informacion adicional: Nés Lópes, secretario de ADEGA-Ferrolterra (649779774). |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 30 de 35 |