Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
Roteiro reivindicativo e visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol) PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro reivindicativo e visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol) a FaceBookEnvia Roteiro reivindicativo e visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol) a Twitter

Casa_do_Horreo-Casa_da_EstrelaFerrol, 29 de Maio de 2011. A delegación de Ferrol organiza unha visita guiada á Estación de Bioloxía Mariña da Graña.

O roteiro comezará as 10h no Peirao de Curuxeiras (onde atraca a Lancha de Mugardos) e fará un percorrido ata a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, pasando polos lugares da Graña, A Cabana e A Graña.

O obxectivo deste roteiro é chamar a atención sobre a problemática ambiental que existe no entorno da Malata-A Cabana-A Graña. Son moitas as agruesións que teñen sufrido estes barrios ferrolanos: o peirao carboeiro, as canalizacións da RSU, e a inminente construcción do acceso ferroviario ao porto exterior son algúns deles. ADEGA prentende con este acto amosarlle á cidadanía a gran degradación á que está sometido esta zona de grande valor ecolóxico.

O roteiro remata cunha visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña, un centro de investigación dependente da universidade de Santiago de Compostela, adicado á investigación dos fondos da Ría de Ferrol. Este centro ten sido nos últimos anos un dos máis destacados na investigación mariña tanto dos fondos litorais como dos abisais.

Trptico_EBMG-USC.pdf

http://www.ferrol.es/90-50axenda_ampliar.aspx?id=26

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Marcha ciclista "Masa crítica ferrolá" PDF Imprimir Correo-e
Envia Marcha ciclista "Masa crítica ferrolá" a FaceBookEnvia Marcha ciclista "Masa crítica ferrolá" a Twitter

bicis2.bmpFerrol 7.5.2011. Praza do Inferniño(Ferrol)  as 11 hs . Marcha ciclista  "Masa Crítica" Promovida e apoiada por diversos colectivos (Bicilab, Adega, Verdegaia, Unións Libertarias, Xoaninha, etc).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Nova concentración-protesta entrada "ilegal" gaseiro na ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Envia Nova concentración-protesta entrada "ilegal" gaseiro na ría de Ferrol a FaceBookEnvia Nova concentración-protesta entrada "ilegal" gaseiro na ría de Ferrol a Twitter

planta_de_gas.2009Ferrol 6.5.2011. Praza de Amboaxe. 20 hs . Nova concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado (nesta ocasión o “LNG Finima”) cara á pranta de regasificación de Mugardos. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos) e cidadanía en xeral, estamos convocados a unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca, nesta ocasión na Praza de Amboaxe en Ferrol.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Adega denuncia danos recurrentes na lagoa da Frouxeira (Valdoviño) PDF Imprimir Correo-e
Envia Adega denuncia danos recurrentes na lagoa da Frouxeira (Valdoviño) a FaceBookEnvia Adega denuncia danos recurrentes na lagoa da Frouxeira (Valdoviño) a Twitter

valeiradofrouxValdoviño (Ferrolterra). 25.4.2011. ADEGA na comarca de Ferrolterra, remitiu nova de prensa aos medios denunciando, o estado de abandono do humidal da Frouxeira (Valdoviño) desde o baleirado  realizado na lagoa en decembro do 2009 pola Consellería do Medio Rural e que a deixou nun moi mal estado de conservación. Esta lagoa mantivo nos últimos 16 meses unha dinámica de claro desequilibrio ecolóxico, sen apenas auga e sufrindo as dunas que a separan do mar unha forte erosión e a consecuente destrucción. Lagoa_Valdovio_Frouxeira._Nota_prensa.abril.2011.doc  bytes

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA-Ferrol apela ao Parlamenteo Europeo na defensa do espazo natural de Leixa (Ferrol) PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA-Ferrol apela ao Parlamenteo Europeo na defensa do espazo natural de Leixa (Ferrol) a FaceBookEnvia ADEGA-Ferrol apela ao Parlamenteo Europeo na defensa do espazo natural de Leixa (Ferrol) a Twitter

leixa_zona_polgono_industrial.200912.4.2011 . ADEGA Ferrol amplía á súa solicitude á Comisión de Peticións do  Parlamento Europeo  cara á protección do espazo natural de San Pedro de Leixa ameazado polo proxecto dun polígono industrial.

ADEGA na comarca de Ferrol remitiu á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ampliación da petición previa na que insta á protección do espazo natural de San Pedro de Leixa, que considera veriase gravemente afectado polo proxecto de polígono industrial que está previsto desenvolver nesta zona, e máxime cando a propia administración determina que non hai demanda de chan industrial e hai chan baleiro nos polígonos adxacentes.

Dende ADEGA apuntamos que esta paraxe é un dos mellores conservados do interior do municipio ferrolano e que, de levarse a cabo a anunciada iniciativa, provocaría importantes danos na fauna da zona. Entre ela atópanse máis de corenta especies de mamíferos, reptiles, aves, peixes e anfibios que, quedarían englobados dentro das directivas comunitarias Hábitats e Aves, etiquetadas como de interese especial ou vulnerables. As obras traerían consigo tamén, engade a asociación, severos problemas para os bosques de ribeira da zona, a Fraga dá Pega, a comunidade de Ripsilvas, etc. O sistema fluvial veríase así mesmo afectado -en concreto os regatos de Leixa e Fonteiroa-. CARTA_COMISION_EUROPEA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 21 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA