Actos da Liga Estudantil Galega polo Día da Terra |
|
|
Martes, 9. Abril 2013, 11:00
|
|
Dende hai máis de seis anos alunos e alunas do campus de Lugo celebrarán o Día da Terra, através de diversos actos, co obxectivo de crear conciencia medioambiental tanto na sociedade universitaria como entre a veciñanza do campus de Lugo.
Preténdese condensar en tres días diversas actividades, para que resulten atractivas para o maior número de xente posible creando debate e pretendendo atraer a universitarios doutros campus galegos. Estas actividades están abertas a todo o mundo.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Martes 9 de abril ás 18:30 na aula 13 da EPS: Palestra sobre o actual modelo de xestión de residuos con María Rodríguez Lafuente, vogal de residuos de ADEGA..
Mércores 10 de abril ás 18:30 na aula 13 da EPS: Corcoesto e a minería de ouro a ceo aberto. Charla-coloquio con Serafín Jesús González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e investigador do CSIC.
Día 11 de abril: no aparcadoiro do pavillón universitario, en horario de 10-21h. Talleres, concursos, concertos e xantar popular segundo o programa que se trata no seguinte punto.
11:00-14:00 Exhibición de fútbol gaélico no (campo de herba das Pedreiras).
14:30-15:30 Xantar popular
16:00-20:00 Campionato 3x3 mixto de Fútbol e Baloncesto.
A partir das 23:00 na Sala Castelao comezaremos cos concertos. |
Contacto : http://ligaestudantilgalega.info/ |
Volver
|