Xornadas agrarias en Allariz |
|
|
Sábado, 6. Abril 2013, 10:00
|
|
Xornadas Agrarias en Allariz
As Xornadas, que se desenvolverán os dias 6 e 7 de abril, darán un repaso ao despoboamento do medio rural
Participa: o prazo de inscripción está xá aberto
Estas Xornadas, organizadas desde o GDR Avinza servirán tanto para diagnosticar as causas do despoboamento como para aportar algo de luz sobre un fenómeno que leva décadas ameazando o futuro do noso medio rural. O despoboamento do medio rural galego é un feito incontestábel que ameaza o futuro de moitas comarcas galegas.
Fronte a quen da por inevitábel a situación queremos debatir e analisar as causas do problema e procurar alternativas a desenvolver na realidade rural galega. Para debater estas alternativas e analizar as causa da problemática imos desenvolver unhas xornadas de debate o 6 e 7 de abril no Fogar do Maior en Allariz. Animámoste a participar con nós neste debate e nesta procura. As xornadas iniciaranse o sábado 6 de abril ás 10:30 h. cunha apresentación das xornadas a cargo de Francisco García, alcalde de Allariz e Presidente de Avinza GDR-15, e Xurxo Álvarez, Presidente de FRUGA. Ás 11:00 h desenvolverase a primeira palestra co título de Despoboamento rural galego. Punto de partida para a análise, Onde Mar Pérez Fra, Eduardo Corbelle Rico e Mª Xose Rodríguez Galdo, ensinantes da USC nos introducirán na problemática do despoboamento rural. Ás 12:30 h celebrarase a seguinte palestra centrada no desenvolvemento rural, os servizos públicos e a diversidade, na que contaremos coa presenza de Xosé Manuel Puga, xerente do GDR Vieiro Laboreiro, Xesús Diz Romai, mestre no Barco e Pilar Gallego, concelleira de Benestar Social en Allariz. Ás 16:30 h. despois do xantar teremos unha palestra adicada á actividade económica como elemento para combater o despoboamento, coa participación de Secundino Fernández, responsábel da Oac de Viana do Bolo, Xan Rodríguez, xerente de Leyma Natura, Mª Dores Ramos do Mesón Campa da Braña dos Ancares e Antonio Corbillón de Hortalizas Corbillón na Bola. Ás 18:00 h. presentaremos a Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, coa intervención dunha representanción de cada organización: FRUGA, ADEGA, CIG e ORGACCMM. E para rematar a xornada do sábado ás 19:30 h teremos a ponencia sobre o Territorio Avinza na realidade galega, desenvolta por Eva González coordinadora do GDR15 Avinza. O Domingo 7 de abril a partir das 11:00 h. visitaremos distintos proxectos postos en marcha en Allariz como exemplo de alternativas para facerlle fronte ao despoboamento rural: Ecoleia, explotación de leite ecolóxico, San Salvador dos Penedos coa Asociación Andrea e O Rexo, queixería e Espazo de educación ambiental. Non dubides en participar con nós. Anotarse no correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou nos teléfonos 699116776, 608692403. Para participar no xantar ingresar 15 € (un único xantar, o do sábado ou o do domingo) ou 30 € (os dous xantares, sábado e domingo) antes do 4 de abril no seguinte número de conta de La Caixa: 2100-4751-13-0200085262 facendo constar nome de ordenante e no concepto: xornadas Allariz. Posteriormente mandar correo electrónico dando conta do ingreso. |
Contacto : http://www.fruga-galiza.org/2013/03/27/xornadas-agrarias-en-allariz-coa-presencia-da-fruga/ |
Volver
|