Xornadas sobre terapias alternativas en gandería |
|
|
Desde Venres, 15. Marzo 2013 - 09:30 Até Sábado, 16. Marzo 2013 - 17:00
|
|
1 crédito de libre configuración para estudantado da USC
Estas xornadas teñen como obxectivo dar a coñecer as terapias alternativas—entre as que se inclúen a homeopatía, fitoterapia, quiropráctica ou etnoveterinaria—no control sanitario animal, tratando de asentar a súa lexitimidade no sector gandeiro e na praxe veterinaria en xeral.
A aplicación de terapias alternativas ten especial interese nos sistemas de produción ecolóxicos. As limitacións que impón a lexislación europea sobre a produción gandeira ecolóxica, coa obriga de alimentar aos animais con produtos procedentes da propia explotación e a limitación de concentrados en racións, así como as restricións no uso de tratamentos veterinarios alopáticos, fai necesario dispor de ferramentas adicionais para mellorar a nutrición e o estado de saúde animal e así poder garantir o benestar animal e un nivel aceptable de produción.
Ademais, debemos considerar que o emprego das terapias alternativas non se limita á produción ecolóxica, senón que se pode aplicar eficazmente en contextos de produción convencional e incluso intensiva, sendo especialmente relevantes nos casos que substitúen a fármacos alopáticos con períodos de supresión
Prazo de matrícula: Do 11 de febreiro ao 11 de marzo de 2013, ambos os dous incluídos. A matrícula inclúe o acceso ao material do curso.
Destinatarios/as: Estudantes da USC; persoal veterinario; enxeñerías agrícolas e agronomía; gandeiros e gandeiras, e en xeral persoal profesional relacionado coa produción gandeira.
Prezo: 40 euros. Matrícula reducida (30 euros) antes do 1 de marzo.
Descarga o PROGRAMA! |
Localización : http://www.usc.es/gl/congresos/tagando |
Volver
|