Curso de compostaxe para as mulleres rurais de Viveiro |
|
|
Sábado, 23. Febreiro 2013, 17:00
|
|
ÁBRESE O PRAZO PARA MATRICULARSE NO CURSO DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO QUE ESTÁ A ORGANIZAR "FRAGA DAS SAÍMAS" CO OBXECTO DE DESENVOLVER UN PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE NA PARROQUIA DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE.
Dentro Campaña de Sensibilización do Medio Natural e aposta polo Rural Galego-2013 que está a desenvolver por 2º ano consecutivo a Asociación de mulleres Fraga das Saímas, a súa Directiva ven de poñer en marcha un proxecto experimental de compostaxe na parroquia de Santo André de Boimente, e cuxa primeira actividade consiste na organización dun CURSO DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO a impartir pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
O obxecto deste proxecto é concienciar aos veciños de reducir o volume de resíduos, sensibilizalos sobre os beneficios ambientais do emprego da técnica de compostaxe doméstica e capacitalos para elaborar compost a escala doméstica. Ao mesmo tempo preténdense favorecer a redución dos costes económicos e ambientais vinculados á calidade de resíduos orgánicos xerados polas familias e promover os beneficios económicos e ambientais derivados da obtención dun abono natural de destacado valor agronómico, entres eles o aforro en abonos químicos, o emprego como o substrato ou a mellora das propiedades químicas e bioquímicas dos chans.
As persoas que queirades participar neste proxecto, podedes matricularvos neste curso de compostaxe antes do 20 de febreiro de 2013. Asimesmo, e logo da charla teórica sortearanse tres composteiros entre todas e todos os alumnas/os. Este proxecto tamén contempla un apoio especial para por en marcha e manter activo nos vosos terreos un composteiro co que producir compost a nível particular.
Así pois, non esperes máis e apúntate xa e AXUDANOS A PROTEXER O MEDIOAMBIENTE E A CONSERVALO PARA OS NOSOS FILLOS.
|
Contacto : http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com.es/2013/01/proxecto-experimental-de-compostaxe.html |
Volver
|