Por San Xiao asina contra a incineración |
|
|
Luns, 7. Xaneiro 2013, 17:30
|
|
As delegacións en Ferrolterra de ADEGA, Verdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural colocarán este lúns día 7 de xaneiro de 2013 as 17,30 na Praza de Armas de Ferrol, unha mesa para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor das 3 “R”.
Ferrol, 6 de xaneiro de 2013.- As delegacións en Ferrolterra de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), Verdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural estarán na rúa a tarde do lúns para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor da reducción, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que os convocantes e outros colectivos, están a levar a cabo dende mediados de xuño en toda Galiza.
O obxectivo que persigue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para o seu debate no Parlamento, débense recoller un mínimo de 15.000 sinaturas, polo que dende ADEGA animamos a toda a cidadanía censada en Galiza a achegarse pola Praza de Armas ferrolá a tarde do vindeiro lúns, ou a poñerse en contacto cos colectivos que apoian esta iniciativa para asinar. |
Volver
|