Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
XIII Xeiras micolóxicas do Condado organizadas por ADENCO
Desde Sábado, 27. Outubro 2012 -  11:00
Até Domingo, 4. Novembro 2012 - 17:00

XXIII Xeiras Micolóxicas de ADENCO.

As Xeiras Micolóxicas de Adenco son unhas xornadas en relación ao mundo dos cogumelos que se veñen realizando desde 1990 no Condado. Hai, dependendo do ano e do Concello, charlas, saídas ao monte, obradoiros de identificación, exposicións de cogumelos, etc.

PROGRAMA:

Mondariz-Balneario 27 e 28 de outubro

Sábado 27 ás 10:30h. saída ao monte para recoller cogumelos, desde a Casa do Concello.

Ás 19:00h. obradoiro e identificación de cogumelos. aberto ao público, na biblioteca do Concello.

Ás 20:00h. no auditorio do Concello, charla-coloquio de Amancio Castro, vogal da Asociación Vai polo Río de Pontevedra e membro da asociación micolóxica Brincabois.

Domingo 28 de 11:00h. a 20:00h. exposición de cogumelos nos soportais da Casa do Concello.

Arbo 3 e 4 de Novembro

Sábado 3 ás 10:30h. saída ao monte, desde a Casa do Concello.

Ás 19:00h., obradoiro de identificación de cogumelos, abert ao público, no Centro Multiusos.

Domingo 4 a partir das 11:00h. exposición de cogumelos na Praza do Concello (se chove, no Centro Multiusos)

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA