II encontro galego de custodia do territorio |
|
|
Venres, 28. Setembro 2012, 09:00
|
|
II Encontro Galego de Custodia do Territorio: Tras celebrarse a primeira edición o ano pasado en Compostela, As Mariñas acollen este segundo encontro co obxectivo de abordar algúns dos temas máis candentes da custodia no noso país e tratando de establecer un punto de encontro co mecenado. A xornada está organizada en torno a tres mesas de debate, sendo a primeira Oportunidades e condicionantes da custodia do territorio en Galiza, na que participarán representantes das entidades de custodia, da universidade galega e da Administración, entre eles Ramsés Pérez. Coordinador de Educación Ambiental de ADEGA. Co lema Puntos de encontro entre o mecenado e as entidades de custodia, nesta mesa intervirán representantes destacados do mecenado empresarial, acompañados por un experto na materia, Francesc Giró (Fundación Acciónatura). Na derradeira mesa, titulada Avanzando na custodia en fincas de dominio ou titularidade públicos se analizará este aspecto particular da custodia e as posibilidades futuras que ofrece.
Data: Venres 28 de setembro, de 9:00 a 14:30 horas Lugar: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (km 8 da estrada AC-542, Abegondo) |
Volver
|