O tema deste ano será: “INNOVACION NOS EQUIPOS E MATERIAIS PARA A MODERNA APICULTURA”. Contamos coa presenza da empresa portuguesa MACMEL, que traerá materiais e equipos innovadores, de Francia, Portugal e outros países europeos. Estes equipos estarán a venda dende as 10 da mañá ate as 6 da tarde, en Erica Mel.
PROGRAMA TÉCNICO
Ás 11.30 horas, Charla por Marcos Varela “O etiquetado do mel para a producción primaria, sen rexistro sanitario”
Ás 12.00 horas, Charla por Gonzalo Calvo “Programas a desenvolver no Plan Apícola 2012”
- Xornadas itinerantes: etiquetado sen rexistro sanitario.
- Programa de sanidade 012.
- Programa de abellas resistentes a varroa.
- Produtos apícolas innovadores.
- Programa “Pon unha colmea na túa horta”.
- Pesticidas e transxénicos e consecuencias para a apicultura.
Ás 12.30 horas, Asemblea ordinaria deAGA
Orde do día:
. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
. Relatorio de actividades do ano 2011.
. Aprobación de contas do ano 2011.
. Elección da nova Directiva de AGA *
. Programa de actividades e presuposto para o ano 2012.
. Rogos e preguntas
Ás 13.30 horas, Asemblea extraordinaria deAGA
Orde do día:
. Afiliación de AGA á Confederación en Defensa da Abella da Cornixa Cantábrica.
. Nomeamento de 2 representantes, de ser o caso.