Saída de campo dos Verdiñ@s en Compostela |
|
|
Sábado, 20. Novembro 2010, 11:00 - 13:30
|
|
Este sábado 20 de novembro iniciamos as actividades de VERDIÑ@S. Será unha saída ao campo para coñecer cogumelos que medran nos prados e fragas dos arredores de Compostela.
Quedamos o sábado ás 11.00h no Estadio de San Lázaro, na explanada de aparcamento. De alí iremos (nos carros) cara o río Aríns onde daremos un paseo intentando recoñecer os cogumelos que vaimos vendo. A actividade remata á 13.30h no mesmo punto que se iniciou.
NOTA IMPORTANTE: Os pais e nais que traiades aos nenos e nenas tedes que levalos en coche até onde comece a actividade, podendo quedar á mesma ou non. Arredor das 13.15h teriades que vir recollelos. Os nenos e nenas que participen deberán traer unhas tesouras (infantís) e un cesto para a recoleción dos cogumelos. É necesario que leven roupa e calzado axeitado, así como chubasqueiro e/ou paraugas por se chovera.
Agradeceriamos que nos comunicarades previamente a vosa asistenza. Apertas, e esperámosvos. Paco Bañobre González. Presidente de ADEGA-Compostela. 981 57 00 99 / 619 672 038
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|