Terceira quenda do IV Campo de Voluntariado Ambiental no Tea |
|
|
Venres, 11. Xuño 2010, 18:00
|
|
Neste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción encamiñada a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización desta actividade o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.
O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas en cada turno. Se estás interesada/o en participar, xunta a preinscrición e envíaa a coordinación do Proxecto Ríos. Podes inscribirte nos catro turnos ou de xeito independente nalgún deles. Non dubidedes en contactar con nós para resolver calquera cuestión:
A continuación podedes descarregar a ficha de inscrición:
A PROGRAMACIÓN desta fin de semana do campamento será:
VENRES
11
|
mañá
|
tarde
|
|
18:00 h |
Recepción (albergue) |
19:00 h |
Presentación do PR |
19:30 h |
Presentación e Formación do Programa do Tea |
21:00 |
Cea |
22:00 |
Tempo de lecer |
SÁBADO
12
|
mañá |
tarde |
09:00 |
Almorzo |
16:30-20:00 |
Traballos de campo |
10:00-13:30 |
Traballos de campo |
20:30 |
Regreso ao albergue |
14:00 |
Xantar |
21:00 |
Cea |
15:00-16:30 |
Descanso |
22:00 |
Roteiro nocturno |
DOMINGO
13
|
mañá |
tarde |
10:00 |
Almorzo |
16:30-18:00 |
Itinerario guiado |
10:30-13:30 |
Posta en común e avaliación |
18:30 |
Volta |
14:00 |
Xantar |
|
|
|
Volver
|