Xornadas formativas: a compostaxe na pequena escala |
|
|
Sábado, 22. Maio 2010, 09:30 - 18:45
|
|
ADEGA e o Grupo de Enxeñería Química e Ambiental da UDC , querémosvos convidar á "Xornada de Compostaxe a pequena escala" que terá lugar o sábado 22 de maio, no centro social de Caixanova de Santiago de Compostela (Praza Cervantes). Esta xornada pretende ser un espazo onde os concellos, empresas explotacións agrogandeiras, grupos de investigación diversas entidades e particulares presenten diferentes experiencias de compostaxe na pequena escala.
Organizaranse en tres mesas: Compostaxe caseira, compostaxe comunitaria e pequenas plantas e compostaxe nas explotacións agrogandeiras.
Pola tarde realizarase unha presentación da Rede Galega de Compostaxe, iniciativa que xurde cos obxectivos de impulsar, fomentar e promocionar aquelas políticas públicas galegas para a compostaxe posto que contribúen na redución dos residuos orgánicos e potenciar á acción conxunta dos integrantes e intercambio de experiencias entre os distintos proxectos e estudos de investigación.
|
Volver
|