CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 10
O pasado día 5 de Febreiro, ADEGA presentou unha denuncia penal contra o grupo EXLABESA, polo carácter nocivo dos vertidos e o perigo de rotura das balsas nas que se almacenan os resíduos, na súa factoría de Rois (A Coruña). Pretende ser unha chamada de atención para outras empresas en situación semellante, e para as administracións públicas responsábeis de velaren polo correcto cumprimento da lexislación ambiental. O seu obxectivo é que o grupo EXLABESA sexa social e ambientalmente responsábel e legalice a súa situación, polo que non procura o peche nin a perda de postos de traballo. Neste sentido, xa deu lugar a un covenio asinado de asesoramento Científico-Técnico entre o FEUGA e o grupo EXLABESA.
Páx. 24-25
O funcionamento e resultados dos planos de compostaxe e reciclaxe de Nostián e Barbanza foron analizados nunhas xornadas organizadas o pasado mes de Outubro pola Universidade da Coruña, contando coa colaboración de ADEGA e o CEIDA. Estes resultados deben ser decisivos para o debate e valorización do novo plano 2004-2010, presentado recentemente pola Consellería de Medio Ambiente.
Páx. 15-16
Na actividade construtiva xéranse grandes cantidades de residuos. Mnetres a maior parte (75%) destes residuos son restos cerámicos, áridos e formigón, o restante 25% inclúe asfalto, metais, madeira, plástico, papel, lixo, e tamén diferentes materiais tóxicos e perigosos. Na Galiza, o destino principal dos RCD é aínda o vertido, uncludo o vertido incontrolado, emntres diversos países europeos superan o 80% de reciclaxe.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 24-25
Desde hai tres anos, ADEGA ven desenvolvendo experiencias de compostaxe caseira en varios concellos galegos. O seu obxectivo e fiinalidade é a xestión dos residuos orgánicos domiciliarios sen necesidade de recollida nen transporte. Ao tempo, facilítase a súa conversión en fertilizante orgánico para a horta ou o xardín. A educación ambiental comunitaria é o elemento básico destes programas.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 25
O pasado mes de Xullo, inaugurouse unah depuradora piloto de augas residuais domésticas e urbanas, baseada na tecnoloxía de humedais ou depuración mediante plantas. Este proxecto está promovido por ADEGA, conta cun financiamento da fundación "La Caixa" e sitúase na EDAR da Silvouta de Santiago de Compostela. Colaboran no mesmo Concello, a empresa Aquagest e a Universidade da Coruña.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 28-29
No pasado número de CERNA, o profesor Xabier Simón aporta unha serie de interesantes apreciacións sobre o significado e os resultados obtidos para a nosa pegada ecolóxica (PE). Baixo o noso punto de vista, a primeira cuestión salientable é que, en xeral, tódolos cálculos que se teñen feito da pegada ecolóxica galega son optimistas. Analizamos neste artigo os números que nos afectan directamente, afondando , na medida do posible, sobre os mesmos.