Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " /> Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />

Artigos de Auga e ríos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA.

Os ríos responsabilidade de tod@s nós

Burla Negra

CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros

Páx. 33

Burla Negra naceu na peor catástrofe ambiental que ten sufrido o noso país. A conciencia ecolóxica forma parte da súa xénese e tamén da súa liña de traballo, que non é outra que traballar polo impulso dunha cultura libre, democrática e participativa. Se hai algo cutural de innegable valor para todas as galegas, é a beleza e riqueza do noso medio natural. Nesta ocasión analízase ata que punto o feito de sobreexplotar os nosos recursos fluviais, baixo a pegada do chamado "progreso" ten efectos na nosa comunidade.

Os verdugos do río Verdugo

Fernando Malvar

CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros

Páx. 34-35

No lugar de Liñares coñecen o lugar como a Freixa. Aquele lugar tiña uns accesos difíciles e abandonados. As visitas eran só de amantes da natureza e ao sumo algúns pescadores. A pesares do seu valor natural, paisaxístico ou de ocio, a presencia de persoas era case que nula. Nos últimos anos, a presión hidroeléctrica fixo reaccionar á poboación local, que se mobilizou para dar a coñecer os importantes valores naturais e paisaxísticos. Mais os proxectos seguen adiante: as tres centrais en funcionamento súmanse oito novas xa aprobadas e dúas en trámite.

Proxecto Ríos

Virginia Rodríguez

CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente

Páx. 24

Esta primavera ADEGA botou á andar o Proxecto Ríos, un programa de Educación Ambiental baseado na participación cidadá que fomenta o estudo e conservación dos ecosistemas fluviais. A participación concrétase na realización de inspeccións e seguemento de treitos de río escollidos polos/as voluntarios/as. A campaña de outono iniciarase o 15 de Setembro e reamatará o 1 de Novembro.

O río Támega a salvo

Eduardo Castro, Xan Carlos Fernández

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 8

ADEGA -Ourense, ven traballando desde o 2005 en prol da protección do río Támega en contra do proxecto de ampliación do polígono industrial de Pazos (Verín), que afectaría a un dos mellores bosques fluviais da comarca de Monterrei. Gozando esta área, para máis inri, da protección oficial outorgada pola Rede Natura 2000, denominada a zona coma LIC Río Támega.

Proxecto Ríos

Virginia Rodríguez

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 21

O día 25 de Novembro de 2005 tivo lugar no concello de Ames o primeiro encontro de voluntariado do Proxecto Ríos, contando coa asistencia dunhas 50 voluntarias. Neste encontro, tivo lugar un marco de debate arredor da presenza de personalidades da vida política -tales coma Jorge Antonio Santiso, Secretario Xeral de Medio Ambiente ou Carlos Fernandez ex-concelleiro de medio ambiente- así coma outras vencelladas ao mundo académico -coma o profesor de Educación Ambiental da USC, Pablo Ángel Meira Cartea. Tras este encontro, o Proxecto Ríos continúa coa súa campaña de Primavera, entrando no seu segundo ano de andaina.

Nova política hidroeléctrica

Xan Louzao

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 22-23

O pasado mes de Novembro a Consellería de Medio Ambiente, anunciou unha serie de medidas relacionadas cos aproveitamentos hidroeléctricos. Nestas medidas atopamos cuestións coma a derrogación do Plano Sectorial Hidroeléctrico, a suspensión - mentres non se revise ese Plano- de 46 minicentrais concedidas polo anterior goberno e a negociación coas empresas propietarias de aproveitamentos xa concedidos pero aínda sen iniciar as obras, para poder chegar a acordos puntuais con elas co fin de rescatar estas concesións.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal