Páx. 27-29
Cando un se acerca ó debate sobre o tema da incineración de residuos, o primeiro que chama a atención é a persistencia dunha idea antiga: queimar equivale a liquidar, a purificar. Ésta é unha visión do pensamento máxico-arcaico, xa que cando queimamos estamos a transformar máis que a liquidar, na incineración xéranse centos de novos produtos que na forma de fume ou canda o fume saen ao ar e espállanse polo medio ambiente; o proceso tamén xenera cinza que non podemos "liquidar" de novo senón que hai que almacenar nalgún sitio.
Páx. 4
A revusta OCU-Compra Maestra publicou no seu recente número 183 os resultados dunha enquisa realizada entre os socios e socias sobre a opinión que a xestión do lixo e a limpeza das cidades merece aos consumidores.
Páx. 5
Anque cuantitativamente as pilas representan unha porcentaxe moi pequena do lixo (da orde do 0,15%), son moi importantes desde o punto de vista ambiental polo seu contido en sustancias altamente contaminantes. Aínda que a Directiva 91/157 CEE instaba ós Estados membros a adoptar medidas respecto ó seu tratamento, o Estado español chega con retraso a implementalas.
Páx. 6
O 9 de xuño en Compostela celebrouse o último acto a favor da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) antes de ser debatida no Parlamento. A manifestación convocárona asociacións ecoloxistas, sociais e políticas, entre que as que se encontraban ADEGA, o BNG e CC.OO. entre outros.
Páx. 7-8
O Pleno do Parlamento Galego, cos votos do PP e do PSOE, rexeitou a toma en consideración da Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola reducción, a reutilización e a reciclaxe e contra a incineración do lixo e dos residuos tóxicos e perigosos, a ILP que recibiu maior apoio social até hoxe no noso país. Só os deputados e deputadas do BNG votaron a favor.
Páx. 27
Os días 18 e 19 de maio tivo lugar en Madrid unha reunión da Rede de cidadáns contra a incineración, na que participaron membros de ADEGA. Nela analisouse a situación das incineradoras en funcionamento e dos proxectos en marcha no Estado. Na actualidade están en funcionamento unhas 20 instalacións de incineración de RSU, as que teríamos que sumar un longo número de pequenos fornos incineradores de residuos hospitalários e de resíduos industriais.