Revista CERNA

Artigos de Ordenación do territorio. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

As terras raras: o ouro tecnolóxico

Alfonso S. Gracia

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 20-22

As Terras Raras tamén se coñecen como o “ouro verde”, “ouro tecnolóxico” ou os “minerais do futuro”. Utilízanse na fabricación de coches eléctricos, motores en coches híbridos, aeroxeradores, leds, lámpadas de baixo consumo, pantallas de computadoras,teléfonos móbiles, etc. Tamén son elementos cobizados pola industria das armas. Este ouro tecnolóxico estase a converter na causa da chamada “Guerra do século XXI” entre China e os países occidentais. Agora a carreira mundial pola explotacióndas terras raras chega a Galiza, concretamente á Serra do Galiñeiro, onde unha multinacional surafricana solicitou permiso para investigar alí a presenza do recurso prezado. A continuación, imos afondar no coñecemento das Terras Raras cun experto no campo, o Doutor en Ciencias Xeolóxicas, Alfonso S. Gracia.

Marea de cemento no esteiro do Anllóns

Fernando Baneira, Daniel Romero e Adrián Lema

CERNA Nº 51 - .

Páx. 10- 11

Este artigo trata do desenvolvemento económico que parece que se vai dar pola construción dun paseo marítimo e dun hotel a beira mar, no Esteiro do Anllóns.Pero non é só este hotel, outras empresas privadas queren construír chalés a beira do mar por toda a Costa da Morte. Por iso, dende este artigo, estes autores falan da importancia da nosa cultura diferente, a nosa lingua propia e tamén a nosa costa única e unha natureza aínda sen estragar. A nosa paisaxe pode ser unha importante fonte de riqueza que non se vai esgotar nunca.

Urbanismo: o peor dos prestiges na costa galega

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 51 - .

Páx. 12-13

En Cangas, nos terreos que agora ocupa a fábrica de Massó, preténdese substituír unha zona rica en vida, que deu traballo a moitos mariñeiros e mariscadoras, por un porto deportivo, un hotel e unha urbanización. Isto é moi grave, porque as rías, ecosistemas privilexiados, son moito mais fráxiles do que se pensa.As zonas produtivas non forman xa unha liña continua, senón que están illadas entre si por zonas altamente degradadas ficando os ricos bancos marisqueiros sen conexión.Así pois, a pesca en Galiza é un sector estratéxico que forma parte da nosa vida. A natureza dotounos duns bens privilexiados pola fermosura e produtividade do noso litoral e as rías son ecosistemas altamente produtivos que non podemos deixar de estragar.

Urbanismo na Saíña e na Frouxeira (Valdoviño). Resiste a Rede Natura a presión urbanística?

Carlos Outeiro

CERNA Nº 51 - .

Páx. 14

¿Quen non gusta de contemplar aos seus pés unha praia de mais de 3 quilómetro de area fina? Isto e o que podemos contemplar cando nos achegamos ao lugar d´ A Saiña, no concello de Valdoviño. Aínda así, isto non impide, que a día de hoxe, sen reunir as características necesarias, unha parcela deste lugar fique clasificado como Solo Urbano no planeamento urbanístico do Concello de Valdoviño e se inicien os traballos a instalación de vivendas e un hotel. Desde ADEGA denunciamos o inicio dunhas obras que non dispoñen das necesarias autorizacións, como as da D.X. Conservación da Natureza ou D.X. de Urbanismo.

Da vivenda rural e a paisaxe á especulación

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 51 - .

Páx. 15-17

En Galiza, os núcleos de poboación están indisolubelmente incorporados á paisaxe tradicional e responden a unha máxima rendibilidade das posibilidades do contorno. A aldea situábase normalmente ocupando as abas das montañas, deixando os terreos menos costentos e os inundábeis das beiras dos ríos, para cultivos de horta. Actualmente o que resalta é a diseminación desordenada no que o bosque achégase as casas e as casas invaden zonas que tradicionalmente eran de bosque.

Arquitectura e esquizofrenia

Emilio Rodríguez Blanco

CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo

Páx. 33 - 35

Este artigo fala sobre a arquitectura rural pasada e a presente. Trata de identificar as causas que sustentan a arquitectura rural que hoxe temos en Galiza, e abre unha porta á harmonía co espazo que a rodea. Unha arquitectura capaz de ser respectuosa co medio onde se encontra.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal